lunes, 23 de diciembre de 2013

COLLAGE

Para o segundo traballo non sabía que facer, así que buscando por internet animais vin o debuxo dun gato e imaxinei un gato nun salón, polo que escollín a técnica do collage para realizalo.
Nun primeiro momento, pintei na cartolina o que sería a parede e o que sería o chan do salón, despois debuxei unha cheminea.
Para representar a parede, usei cartolina de cor crema, medín a zona, recorteina e pegueina. Para o chan, simulei que era de moqueta, polo que usei feltro marrón.





Para a realización da cheminea utilicei diversos materiais: o fondo era a figura dunha cheminea de cartolina branca, que lle fun dando cor pouco a pouco e con diversas capas: o tellado é feito con papel charón marrón, e o corpo da cheminea con papel charón laranxa. Para a realización das paredes da cheminea usei goma eva laranxa e marrón. As hachas do lume son de papel charón marrón; a parte interior do lume é con papel charón vermello e a exterior e con papel seda laranxa, para simular as chamas do lume.




Na figura do gato usei cartolina para darlle firmeza e corpo, e para crear volume usei feltro de ton mostaza, recreando a figura do gato. Púxenlle uns ollos para que tivera algo de expresión facial.
Por último, quixen facerlle unha cestiña ao gato na que poida durmir. Para iso, precisei de dun material parecido a goma eva, chamase “foam”, era branco con pintas negras. O gato pode entrar e saír da cesta as veces que se queira.


Resultado final:



Materiais:
  • 2 cartolinas tamaño din A3
  • Feltro
  • Papel charón
  • Goma eva
  • Papel seda
  • Foam
  • Ollos decorativos
  • Tesoiras
  • Cúter
  • Pegamento
  • Cola branca

No hay comentarios:

Publicar un comentario