lunes, 23 de diciembre de 2013

ESTARCIDO

Para este terceiro traballo escollín a técnica do estarcido porque me parecía moi divertida. Quería que fora dun elefante, polo que busquei algún debuxo del.




Unha vez seleccionado o modelo, recalqueino a el e as gotas de auga nunha cartolina din A4 e recorteino a el mailas gotas, de maneira que podería facer o estarcido en positivo e en negativo, xa que tiña as diferentes plantillas.





Primeiro, dispúxenme a realizar a figura do elefante, polo que enriba da cartolina rugosa, puxen a plantilla na que falta a figura do elefante,  e coa axuda do pincel, comecei a salpicar con témpera de cor pastel. Despois salpiquei as gotas con témpera azul. 




Para a composición do fondo, tapei a figura do elefante e as gotas coas súas respectivas plantillas; primeiro salpiquei con verde en xeral, despois tapei a parte posterior e salpiquei con máis verde, con vermello e con amarelo, de maneira que a mestura semellan flores de diferentes cores, como se o elefante estivera nun prado. Na parte posterior, salpiquei con cor azul, para simular o ceo.
Por último, para darlle vida e contraste ao elefante, coa axuda dun pincel, marquei as faccións do elefante: os ollos, as orellas, a boca, a trompa, a barriga, as pernas, e os dedos.
Esta técnica gustoume moito porque é moi divertida, rápida e os resultados son asombrosos.


Resultado final:




Materiais:
  • Cartolina din A4
  • Cartolina rugosa especial para pintar con témpera, algo máis grande ca din A4
  • Témperas de diversas cores
  • Cepillo de dentes
  • Vasos de plástico (para facer a mestura da témpera con algo de auga)
  • Cúter
  • Pincel

No hay comentarios:

Publicar un comentario